Fairchild C-82 Packet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fairchild C-82 Packet
C-82A Packet
Tipotransporte de carga e tropas
FabricanteFairchild Aircraft
Primeiro voo10 de setembro de 1944
Principais usuariosForzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos
Produción1944-1948
Unidades construídas223

O Fairchild C-82 Packet é un avión de carga bimotor con dobre cola deseñado e fabricado por Fairchild Aircraft. Foi usado brevemente polas Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos e despois pola súa sucesora, a Forza Aérea dos Estados Unidos, tras a segunda guerra mundial.

Deseño e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Desenvolvido por Fairchild, e C-82 foi deseñado como un avión de carga pesado para substituír os modelos de preguerra como o Curtiss C-46 Commando e o Douglas C-47 Dakota usando materiais non críticos na súa construción, principalmente madeira contrachapada e aceiro, para non competir coa produción de avións de combate. Porén, a principios de 1943 cambios nas especificacións levaron a propoñer un avión totalmente metálico. O aparello deseñouse para distintos roles, como cargueiro, transporte de tropas, lanzamento de paracaidistas, evacuación médica, e remolcador de planadores. Contaba cunha rampla de carga traseira con portas amplas e unha empenaxe colocada a 4.3 metros do chan, o que permitía que os camións operasen na parte traseira do avión sen obstáculos. O seu único prototipo voou por primeiro vez o 10 de setembro de 1944. O avión fabricouse na factoría de Fairchild en Hagerstown, Maryland, e a súa produción rematou en setembro de 1948.

Os problemas apareceron case inmediatamente, xa que o avión carecía de potencia e a súa fuselaxe era pouco axeitada para as cargas pesadas que supostamente tería que levar. Como resultado, a Forza Aérea recorreu a Fairchild para atopar unha solución para as deficiencias do C-82. Fairchild realizou rapidamente un redeseño, coa designación XC-82B, que solucionaría todos os problemas iniciais do C-82A.

Historial operacional[editar | editar a fonte]

O C-82 voou por vez primeiro en 1944 e a súa entrega foi en xuño de 1945, entrando en servizo a finais dese ano. Finalmente só se construirían 223 C-82A, sendo un número pequeno para un avión de carga en tempos de guerra. A meirande parte deles usouse como transporte de carga e tropas, aínda que algúns usáronse en operacións paracaidistas ou para remolcar planadores militares. Un redeseño do XC-82B resultaría na fabricación do Fairchild C-119 Flying Boxcar.

En 1946 o Servizo Postal dos Estados Unidos explorou o concepto de oficinas postais voadoras usando C-82 altamente modificados, que operarían de xeito semellante ás oficinas dos trens onde o correo era clasificado por empregados e colocados en sacas antes de ser transferidos a camións tras aterrar.[1]

No ano 1948 un C-82 foi equipado cun tren de aterraxe con eirugas, que lle permitía aterrar en pistas primitivas e sen pavimentar.[2]

Durante o bloqueo de Berlín, conco avión C-82 levaron á cidade grandes equipos de movemento de terras desmontados para permitir a construción do aeroporto de Berlín-Tegel no outono de 1948.

Aínda que foi relativamente pouco exitoso, o C-82A considérase máis como unha etapa inicial de desenvolvemento do moito máis exitoso C-119B Flying Boxcar C-82A. O C-82A fabricouse de xeito limitado despois da aparición do Flying Boxcar.

O C-82 foi retirado do inventario da forza aérea estadounidense en 1954.[3]

Operacións civís[editar | editar a fonte]

Despois de que o C-82A se convertese nun excedente para a USAF, uns poucos vendéronse a operadores civís no Brasil, Chile, México e os Estados Unidos que os usaron como avións de carga resistentes capaces de transportar cargas voluminosas. O derradeiro destes avións foi retirado do servizo a finais dos anos 80.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tomorrow's Mail Trains". Popular Science, maio de 1946.
  2. Popular Science, August 1948, p. 79.
  3. "McChord Air Museum Homepage- Fairchild C-82 Packet (s/n 48-57574) 62nd TCG's 7th TCS, McChord AFB". www.mcchordairmuseum.org. Consultado o 2023-06-25. 
  4. Beck, Simon D. (2017). Fairchild C-82 Packet: the military and civil history. Jefferson, North Carolina: McFarland & Company, Inc., Publishers. ISBN 978-1-4766-6975-5.