Plotter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Plotter

O plotter é un periférico informático que se emprega na produción gráfica industrial pola súa precisión. Emprégase sobre todo para a realización de debuxos técnicos, deseños arquitectónicos coa axuda de programas CAD, aínda que se tende a substituír polas impresoras láser, máis rápidas, pero non tan precisas.
Existen dous tipos, os de inxección en tinta que funcionan de xeito semellante ás impresoras dese tipo e o plotter de corte, que contorna un impreso serigráfico.