Fudbalski Klub Crvena Zvezda
FK Crvena Zvezda | |||
---|---|---|---|
Nome | Fudbalski Klub Crvena Zvezda | ||
Alcume(s) | Zvezda (Estrela), Crveno-beli (Branquivermellos), Delije | ||
Fundación | 4 de marzo de 1945 | ||
Estadio | Stadion Crvena Zvezda Belgrado, Serbia | ||
Inauguración | 1 de setembro de 1963 | ||
Capacidade | 55.538 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | SuperLiga Serbia | ||
2011 | 2º | ||
Páxina web | Páxina web | ||
| |||
O Fudbalski Klub Crvena Zvezda (en galego Fútbol Club Estrela Vermella) é a sección de fútbol da Sportsko Društvo Crvena Zvezda (Sociedade Deportiva Estrela Vermella), da cidade de Belgrado, en Serbia. Foi fundado o 4 de marzo de 1945 coas outras seis seccións deportivas do club: a sección de baloncesto, a de atletismo, a de natación, a de remo, a de voleibol e a de xadrez. O equipo competiu durante décadas na Primeira Liga de Iugoslavia, e actualmente disputa a SuperLiga Serbia.
Trátase do equipo máis laureado do fútbol serbio, cun total de 25 ligas e 22 copas, por diante do seu máximo rival, o FK Partizan. En 1991 pasou á historia ó gañar a Copa de Europa, con xogadores como Darko Pančev, Siniša Mihajlović, Vladimir Jugović, Miodrag Belodedici, Dejan Savićević e Robert Prosinečki, batendo naquela final nos penaltis ó Olympique Marsella de Jean Pierre Papin.
O equipo xoga os seus encontros como local no Stadion Crvena Zvezda (en galego Estadio Estrela Vermella), inaugurado o 1 de setembro de 1963, que ten capacidade para acoller a 55.538 seareiros nas súas bancadas. Este estadio acolleu a final da Copa de Europa 1972-73 que enfrontou ó Ajax de Amsterdam co Juventus FC con vitoria para os neerlandeses. Tres anos despois foi un dos 2 estadios que acolleron a organización da Eurocopa de Fútbol Iugoslavia 1976, sendo a sede da final que enfrontou a Checoslovaquia coa Alemaña Federal, con vitoria dos primeiros.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Continental[editar | editar a fonte]
- Copa Intercontinental (1) = 1991
- Copa de Europa (1) = 1991
- Copa Mitropa (2) = 1958, 1968
Subcampión da Copa da UEFA en 1979, e subcampión da Supercopa de Europa en 1991.
Nacional[editar | editar a fonte]
- Ligas de Iugoslavia (19) = 1951, 1953, 1956, 1957, 1959, 1960, 1964, 1968, 1969, 1970, 1973, 1977, 1980, 1981, 1984, 1988, 1990, 1991, 1992
- Ligas de Serbia (6) = 1995, 2000, 2001, 2004, 2006, 2007
- Copas de Iugoslavia (12) = 1948, 1949, 1950, 1958, 1959, 1964, 1968, 1970, 1971, 1982, 1985, 1990
- Copas de Serbia (11) = 1993, 1995, 1996, 1997, 1999, 2000, 2002, 2004, 2006, 2007, 2010
Xogadores[editar | editar a fonte]
|
|