F-Zero: Maximum Velocity, estreado no Xapón como F-Zero for Game Boy Advance, é un videoxogo futurístico de carreiras desenvolvido por Nd Cube[1] e distribuído por Nintendo para Game Boy Advance. O xogo foi estreado no Xapón, América do Norte e Europa no 2001.[2] É o primeiro videoxogo da serie en ser lanzado para consola portátil.
Maximum Velocity ten lugar vinte e cinco anos despois de F-Zero, noutro Gran Premio F-Zero. As xeracións pasadas de F-Zero "conduciron o seu camiño cara a fama", polo que é o único xogo F-Zero sen Capitán Falcon, Samurai Goroh, Pico ou Dr. Stewart.