Saltar ao contido

Fórmula Student

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaFórmula Student
Imaxe
Nome na lingua orixinal(en) Formula Student Editar o valor en Wikidata
Tipocompetición Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónSilverstone (Oeste de Northamptonshire (pt) Traducir) 52°05′24″N 1°01′26″O / 52.09, -1.024 Editar o valor en Wikidata
Vixencia1998 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialformulastudent.imeche.org Editar o valor en Wikidata


Presentación dun equipo da Fórmula Student

Fórmula Student (coñecida tamén como Fórmula SAE) é unha competición entre estudantes de universidades de todo o mundo organizada desde 1981 pola Society of Automotive Engineers (SAE), que promove a excelencia na enxeñaría a través dunha competición na que os membros dos equipos deseñan, constrúen e desenvolven vehículos monopraza, e compiten con eles.

A primeira competición empezou a xestarse xa en 1979, cando Mark Marshek, docente da Universidade de Houston, contactiu co departamento de relacións educativas da SAE. O concepto orixinal era a evolución dunha competición preexistente, na que o tipo de vehículo que debían construír os estudantes era similar a un car-cros.[1] Con todo, aquela competición limitaba moito a liberdade (motor proporcionado pola organización sen posibilidade de modificalo) e a nova debíalles dar maior marxe para deseñaren o monopraza.[2]

Así se chegou a 1981, ano en que se organizou na Universidade de Texas, en Austin, a primeira edición da Fórmula SAE. Participaron seis equipos e un total de 40 alumnos. Esta competición foi crecendo e desde 1998 empezouse a celebrar tamén unha edición na localidade británica de Warwickshire, coa que se empezou a usar o nome de Formula Student. Aquel ano participaron catro equipos e 40 alumnos.[3]

Actualmente celébranse competicións en numerosos países, como Alemaña, Xapón, Brasil, España, Australia, etc. Todas elas utilizan a mesma normativa base orixinal da Fórmula SAE e chegan a albergar ata 120 equipos e máis de 2.000 estudantes. Os resultados das competicións recóllense e puntúan para a clasificación mundial.

Características dos coches

[editar | editar a fonte]
Prototipo do DUT13, co que participou na Fórmula Student o equipo Delft University of Technology Racing Team (DUT Racing)

O obxecto da competición é simular unha situación real na cal unha empresa de competición contrata estes enxeñeiros para desenvolver un prototipo. Os compradores hipotéticos serían corredores afeccionados. Os coches deben, por iso, satisfacer unhas prestacións elevadas en aceleración, freada e estabilidade, pero tamén deben ser doados de manter, baratos e fiables. Valóranse igualmente outros factores, como a estética e o confort. O prezo máximo de cada vehículo é de 21.000 euros, e a vitoria é para o equipo que mellor logre superar todos estes requisitos.

Por todo iso valóranse os seguintes aspectos:

Aspectos estáticos 325
Deseño 150
Análise de custos 100
Presentación de negocio
75
Aspectos dinámicos 675
Proba de skidpad 75
Aceleración 75
Autocross 100
Resistencia 325
Consumo 100
Total 1000

Categorías

[editar | editar a fonte]

Nas competicións de Fórmula Student existen varias categorías ou clases. A maioría dos equipos preséntase á categoría primeira, na que compiten os monoprazas acabados e que participasen por primeira vez, como máximo, un ano antes.[4]

Trátase da clase de entrada para os equipos novos, na que participan unicamente vehículos en fase de deseño e validación do modelo. Como norma xeral e para fomentar o progreso, un equipo non se pode presentar a esta categoría dous anos consecutivos, polo que tería que facelo nas superiores. Puntúanse só as probas de deseño, presentación e custo.

Esta categoría está pensada para equipos que pasen dos conceptos básicos do deseño inicial e logren fabricar un vehículo completo. O mínimo requisito de entrada nesta categoría é dispor dun chasis completo. Do mesmo xeito que na categoría 3, os equipos que participen un ano nesta categoría promóvense á primeira no próximo ano para poderen participar tamén nesta. Puntúanse só as probas de deseño, presentación e custo.

Nesta categoría participan monoprazas totalmente construídos e que son capaces de moverse. É a categoría máis importante de todas, e un mesmo coche soamente pode participar nela durante os 12 meses seguintes á primeira competición na que participe. Esta regra obriga os equipos a progresaren e fabricaren cada vez novos vehículos. Permítese reaproveitar os compoñentes de monoprazas antigos, agás o chasis. Dentro da categoría existen as chamadas "series 200", nas que poden participar vehículos de ata dous anos de antigüidade. Os equipos puntúan aquí en todas as probas (deseño, presentación, custo, aceleración, skidpad, autocross, resistencia e consumo de combustible).

Participación galega

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: UVigo Motorsport.
Logotipo do equipo UVigo Motorsport

Galicia conta cun equipo que leva participando nesta competición desde 2014, o UVigo Motorsport, da Universidade de Vigo, formado por 28 estudantes de diferentes ramas da enxeñaría industrial.[5]

Os coches cos que competiu ata agora son o UM15 e o UM16, e en xullo de 2017 presentou o UM17, para as competicións da tempada 2016-2017[6][7].

  1. http://students.sae.org/competitions/bajasae/about.htm
  2. http://students.sae.org/competitions/formulaseries/about.htm
  3. http://students.sae.org/competitions/formulaseries/cdshistory.htm
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2011. Consultado o 02 de agosto de 2017. 
  5. Composición do equipo Arquivado 02 de agosto de 2017 en Wayback Machine. (web oficial do equipo).
  6. Características técnicas dos coches Arquivado 02 de agosto de 2017 en Wayback Machine. (web oficial do equipo).
  7. Salgado, Marta. "La UVigo ya tiene monoplaza para la Formula Student 2017". En La Región. 1 de agosto de 2017.
  8. Historia das participacións Arquivado 02 de agosto de 2017 en Wayback Machine. (web oficial do equipo).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]