Fóra de xogo (libro)
| Fóra de xogo | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Forma artística
| |||||
|
Lingua
| |||||
| Autoría | |||||
|
Autor/a
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Cronoloxía | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Wikidata |
Fóra de xogo é unha novela negra escrita por Manuel Forcadela, publicada en 1993 por Edicións do Cumio. É a terceira entrega das aventuras de Toni Barreiro.
Trama
[editar | editar a fonte]A trama desenvólvese en Vigo. Toni Barreiro é un ex-lexionario e ex-boxeador (alcumado "O Touro do Calvario") que traballa para unha xestoría, encargándose de lograr que a xente pague débedas pendentes.
É outono. Mentres nos Balcáns ten lugar a guerra dos Balcáns, chega a Vigo a última fichaxe do Real Club Celta, o dianteiro croata Lazslo Gzesler. Toni e o seu amigo Elvis son contratados para encargarse da súa seguridade, pero sen abafalo en exceso, simplemente observando e evitando que corra perigo. Pero ós poucos días de comezar, o futbolista sofre un intento de asasinato, e axiña comeza a trama a tomar acción.
Aparecen as personaxes de dous empresarios, un escritor e a irmá e a muller do futbolista. Todos eles atraídos por intereses económicos (tráfico ilegal de armas) e espirituais (pertencen a unha seita satánica), non dubidan en asasinar a quen sexa necesario, facer vodú, ou preparar as máis complexas redes para levar adiante os seus propósitos.
Ó igual que en Sangue sobre a neve e Barato, barato, faise un profundo retrato da cidade olívica. Doutra volta os edificios grises e o tráfico contaminante volven ser personaxes propios, xunto coa paisaxe urbana e as naves industriais do arrabalde.