Félix Ulloa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFélix Ulloa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de abril de 1951 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Chinameca, O Salvador (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Vicepresidente do Salvador
1 de xuño de 2019 – 1 de xuño de 2024 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeO Salvador Editar o valor em Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Legum Doctor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónvicepresidente do Salvador Editar o valor em Wikidata
Partido políticoGrand Alliance for National Unity (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFélix Antonio Ulloa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Facebook: FelixUlloaVP2019 Twitter: fulloa51 Editar o valor em Wikidata

Félix Augusto Antonio Ulloa Garay, coñecido por Félix Ulloa, nado en Chinameca o 6 de abril de 1951, é un político salvadoreño e vicepresidente do Salvador como compañeiro de fórmula de Nayib Bukele.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 6 de abril de 1951 en Chinameca, San Miguel, O Salvador. Os seus pais eran Félix Ulloa e Margarita Garay.[2]

Graduado con honras como doutor en política, ademais é avogado académico e ex maxistrado do Tribunal Supremo Electoral. Foi Líder Estudantil da Universidade do Salvador en 1976 antes da guerra civil do Salvador.

En 1973 asistiu, xunto con Eliseo Ortiz Ruiz, como representante dos estudantes universitarios, á constitución da Fronte de Acción Popular Unificada (FAPU).

Tralo peche da UES en 1977, graduouse como avogado en España. Regresou ó Salvador en 1979. Ó regresar, incorpórase na Resistencia Nacional que, en 1980, xunto ás FPL, o ERP, o PRTC e o PCS, formaría parte da Fronte Farabundo Martí para a Liberación Nacional.[2]

Serviu como presidente do Instituto de Estudos Xurídicos do Salvador (IEJES) dende 1990 até 1995.

Presentouse como candidato para deputado nas eleccións de 1991. Nas eleccións de 1994, as primeiras despois da firma dos Acordos de Paz, chegou a ocupar o cargo de maxistrado do Tribunal Supremo Electoral para o período de 1994-1999.

Vicepresidente electo[editar | editar a fonte]

O TSE (Tribunal Supremo Electoral) informou que logo de 10 horas de votación, resultou elixido vicepresidente da república Félix Ulloa ó obter maioría absoluta con 1 434 856 votos (53,10%) sen necesidade dunha segunda volta. Deste xeito, acadou a vicepresidencia con Nayib Bukele.[3]

Notas[editar | editar a fonte]