Felix Ormazabal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Félix Ormazabal")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Felix Ormazabal
Nacemento5 de maio de 1940
 Araia (Álava)
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Felix Ormazabal Askasibar, nado en Araia, AsparrenaÁraba, en 1940, é un político vasco de ideoloxía nacionalista vasca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Teoloxía e Dereito, formou parte do segundo Consello Xeral Vasco como Conselleiro de Agricultura e Pesca. Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido alcalde da súa localidade natal e Deputado foral de Áraba nas listas do Partido Nacionalista Vasco.

Elixido deputado nas eleccións ó Parlamento Vasco de 1980, renunciou ós poucos meses para seguir ocupando a Consellería de Agricultura e Pesca no Goberno Vasco, que mantivo até 1988. Foi reelixido deputado sucesivamente nas eleccións vascas dende 1984 até 1994. En 1995 foi elixido Deputado xeral de Áraba e no 2000, director de Portos Deportivos da Consellería de Transportes, cargo que ocupou até a vitoria do socialista Patxi López nas eleccións de 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]