Fávila (duque)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFávila

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Favila Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor em Wikidata
Morteséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Visigodo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDux Editar o valor em Wikidata
Cónxuxevalor descoñecido
FillosPaio de Asturias, Anonyma (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAgila (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Divigra (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesChindasvinto ()
Suintila (avó) Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Cantabria-6

Fávila, tamén chamado Fáfila,[1] foi un duque (dux) e pai de Don Paio.

Orixes[editar | editar a fonte]

A orixe goda do seu fillo Paio menciónaa o cronista árabe Ibn Khaldun citando a Ibn Hayyan.[1] Xa contra o século VIII a fusión entre os galaicorromanos e xermanos (suevos e visigodos) era unha realidade e «a raza deixara de ser un dato relevante», por tanto, é de supor que «o máis probábel é que polas súas veas [as de Paio] correse sangue de ámbolos pobos».[1] Esta posibilidade refórzase polas orixes dos nomes, sendo Fávila ou Fáfila de orixe xermánica mentres Paio era un nome de «vello raizame romano»[1] e así é mencionado polo autor árabe do Aljab machmu'a, quen o describe como «romano».[2]

Christian Settipani conxectura —baseándose na onomástica, na cronoloxía, en elementos biográficos e no testemuño das crónicas—, que Fávila descendía (por varonía) de Leovixildo e Recaredo I (ex semine Leuvigildi et Reccaredi progenitus) e era fillo do conde visigodo Axila e da súa muller Divigra e, por tanto, tío paterno e curmán-tío materno de Pedro de Cantabria.[3] As crónicas declaran que os reis ástures son descendentes de Leovixildo e Recaredo e tratan de crear unha falsa continuidade institucional entrámbalas realidades políticas. A moderna historiografía coincide en que a causa final deste fenómeno radica no que se denomina «neogoticismo», que respondía a unha rede de intereses políticos e ó reforzamento do prestixio persoal de Afonso III.[a]

Fontes históricas[editar | editar a fonte]

Segundo a copia da Crónica albeldense (ano 883) realizada no século IX no mosteiro de San Millán de la Cogolla que conserva a Real Academia da Historia (Códice emilianense nº 39), Fávila foi un dux visigodo e o pai de Don Paio:[5]

Vitiza reinou dez anos. En vida de seu pai morou na cidade de Tui, de Galiza. Alí estaba tamén o duque Fávila, pai de Paio, enviado polo rei Éxica. Por un motivo ocasionado pola súa esposa (ou ben por outra muller), bouroulle na cabeza cun bastón (Vitiza a Fávila), o que lle produciu despois a morte. E cando Vitiza ocupou o Reino de seu pai, daquela Paio, fillo de Fávila, o que despois se sublevaría cos asturianos contra os sarracenos, foi desterrado da cidade rexia (Toledo).[6]

Que Fávila fose duque e pai de Paio é un dato que recolle tamén a Crónica sebastianense:

Pelagium filium quondam Faffilani ducis ex semine regio

Este dato resulta, así mesmo, coincidente co ofrecido por unha fonte musulmá anónima do século IX, Fath al-Andalus:

Nos días deste 'Andasa sublevouse na súa terra de Galiza un pérfido bárbaro, chamado Belay [Paio] fillo de Fávila, contra os árabes donos dos confíns do seu país.

Historiografía sobre Fávila[editar | editar a fonte]

A antiga historiografía atribuíu a Fávila o ducado de Cantabria baseándose unicamente en cronicóns casteláns, máis de medio milenio posteriores a aquela época e contraditorios en moitos aspectos coas crónicas asturianas do século IX. Esta falla de xustificación metodolóxica é salientada por Barrau-Dihigo[7] malia non ser quen de achegar ningunha outra.

Pertencía [Paio], se non a unha familia real, si polo menos a unha familia nobre e, segundo a versión máis fiábel, tivera por pai o duque Fávila, a quen os historiadores consagraron, sen razón ningunha, como duque de Cantabria.

Claudio Sánchez-Albornoz admite que Paio era fillo dun duque, mais sinala, perante a falla de información da Crónica albeldense: «ignoramos de onde era duque Fávila».[8] Gonzalo Martínez Díez concorda coa opinión de Sánchez-Albornoz xa que en fonte ningunha se menciona o ducado que gobernou e, de feito, non consta que chegase a estar á fronte de ducado ningún. Opina que «o máis probábel é que se tratase dun dos varios duques integrados na Curia rexia ou Palatium, que acompañaban e asesoraban o rei visigodo».[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Á hora de analizar o carácter da monarquía ástur non nos debemos deixar enganar polas parcas, mais interesadas (neogoticismo) informacións das crónicas asturianas, que tratan de exaltar a figura real».[4]
Referencias

Bibliografía[editar | editar a fonte]