Ezio Flavio Bazzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ezio Flavio Bazzo
Ezio ossos.jpg
Nacemento8 de decembro de 1949
 Santa Catarina
NacionalidadeBrasil
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Ezio Flavio Bazzo, nado no estado de Santa Catarina o 8 de decembro de 1949, é un psicólogo e xornalista brasileiro. A súa obra xira en torno á contracultura occidental.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de comerciantes italianos. Iniciou os estudos de socioloxía na cidade de Londrina (PR) transferíndose cedo para o curso de psicoloxía. Cursou mestrado en psicoloxía clínica na Universidade Nacional Autonoma de México, e doutorado na Universidade Nacional de Barcelona, cunha tese sobre Wilhelm Reich. Logo sacou un posdoutorado no Instituto de Altos Estudos da América Latina, en París.

Porén a pesar da súa longa vida de estudante, Bazzo considera o estudo formal un fraude que vai deixar limitacións e cicatrices profundas na capacidade de pensar dos estudantes e dos futuros "doutores".

Pai de dous fillos, nunca deixou de facer críticas radicais tanto ao matrimonio como á familia, que seguindo as doutrinas de Freud afirma ser o berce de moitas psicopatoloxías. Nos últimos vinte anos Ezio Flavio Bazzo adicou por igual a viaxar, escribir seus libros e traballar de psicólogo no hospital universitario de Brasilia DF.

Obra[editar | editar a fonte]

  • 193 fragmentos de Cioran
  • A Lábia Encantadora de João do Rio
  • A Lógica dos Devassos
  • Arqueologia de nuestra verguenza'
  • A arte de cuspir
  • As sutilezas do mau caratismo
  • Assim falou Vargas Vila
  • Barbeiros, espelhos e navalhaços
  • Blasfematório
  • Dymphne: A santa protetora dos loucos
  • Ecce Bestia - Libertinagem com Animais
  • Entre os gritos do Carcará e a Desfaçatez da Raça Humana
  • Guilhotinas e Toilletes
  • Lênin nos subterrâneos do Conic
  • Maldições, Prazeres e Verdades
  • Manifesto aberto à estupidez humana
  • Máscaras e disfarces
  • Mendigos - párias ou heróis da cultura?
  • Necrocídio
  • Os sapateiros da corte
  • Para antes que a gente vire pó
  • Prostitutas, bruxas e donas de casa
  • Rapsodia a Samuel Rawet
  • Vagabundo na China

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]