Extreme (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Extreme foi un videoxogo futurista desenvolvido por Digital Integration en 1991. Publicáronse versións para Amstrad CPC, Commodore 64 e ZX Spectrum.

Características[editar | editar a fonte]

Semellante a Dan Dare, o argumento levanos a un mundo interespacial no que uns piratas interestelares roubaron a nave Pioneer 10 e tras levar as mostras puxeron en marcha o mecanismo de autodestrución que tiña a nave. Ó longo de tres fases temos que investigar e parar o proceso de autodestrución. O xogo pretendía levar ata as últimas consecuencias os gráficos e efectos dos ordenadores de 8 bits: Spectrum, Amstrad e Commodore.