Explorer I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William H. Pickering, James A. Van Allen e Wernher von Braun cunha maqueta do Explorer 1

O Explorer I ou Explorer 1, oficialmente Satellite 1958 Alpha, foi o primeiro satélite artificial posto en órbita terrestre polos Estados Unidos.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Lanzouse ás 22:48 horas EST dun 31 de xaneiro de 1958 desde Cabo Canaveral sobre un foguete Juno I como parte do programa norteamericano para o Ano Xeofísico Internacional e como reflexo do lanzamento do Sputnik producido catro meses antes desde o Cosmódromo de Baikonur soviético.

A tecnoloxía do Explorer 1 fora deseñada por un equipo de científicos dirixidos por James Van Allen, e o satélite permitiu descubrir unha rexión de radiación que rodea a Terra e leva o seu nome, cinto de Van Allen.