Injun 6
Injun 6 / Explorer 52 / Hawkeye | |
---|---|
Injun 6 antes do lanzamento. | |
Tipo | Científico |
Organización | USAF |
Data de lanzamento | 3 de xuño de 1974, 23:09 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Scout E1[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo da magnetosfera terrestre, os cintos de radiación, as auroras e outros fenómenos xeofísicos.[2][6] |
Decaemento | 30 de abril de 1978[1] |
NSSDC ID | 1974-040A |
Masa | 22,7 kg[2][5] |
Potencia | Entre 22 e 36 vatios.[2] |
Injun 6, tamén coñecido coa denominación Explorer 52 e Hawkeye, foi un satélite artificial da USAF xestionado pola Universidade de Iowa lanzado o 3 de xuño de 1974 mediante un foguete Scout E1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]Injun 6 foi o sexto e último satélite da serie Injun, deseñado, construído e xestionado pola Universidade de Iowa para a USAF, e lanzado tamén baixo o programa Explorer. A súa misión principal foi facer estudos dos campos e partículas nos polos da magnetosfera terrestre a distancias de ata 21 radios terrestres. Como obxectivos secundarios adicouse a medir a distribución do campo magnético e do plasma no vento solar e a estudar as radioemisións de tipo 3 producidas polo fluxo de electróns solares no medio interplanetario. Injun 6 estabilizábase mediante xiro, cun período de rotación de 11 segundos. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares que producían entre 22 e 36 vatios de potencia.[2][5][6]
Injun 6 participou no Estudo Magnetosférico Internacional (IMS, International Magnetospheric Study). O satélite só podía enviar datos en tempo real e transmitía a 136 ou 400 MHz, cunha velocidade de entre 100 e 200 bps.[2][5][6]
Injun 6 foi inxectado nunha órbita inicial de 126.793 km de apoxeo e 638 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 89,8 graos e un período de 3078,1 minutos. Reentrou na atmosfera o 30 de abril de 1978.[1][3][6]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]Injun 6 levaba os seguintes instrumentos a bordo:[5]
- Analizador de enerxía diferencial para protóns e electróns de baixa enerxía (LEPEDEA).
- Magnetómetro de porta de fluxo.
- Receptor de ondas de plasma.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 52 (HAWKEYE)" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (27 de marzo de 2013). "Hawkeye 1" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 16 October 1974 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (74-28543): 2. 23 de outubro de 1974. Consultado o 27 de marzo de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Explorer 52 / Hawkeye 1 / Injun 6" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: IE D / Injun 6 / Hawkeye / Neutral Point Explorer" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "Hawkeye" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Injun 6 |