Explorer 11

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Explorer 11 (S 15)
Explorer 11 artist vision.gif
Representación artística do Explorer 11.
Tipo Observatorio espacial.
Organización NASA[1]
Satélite de Terra
Data de lanzamento 27 de abril de 1961[2][1][3]
Foguete portador Juno II[1][4]
Sitio de lanzamento Cabo Cañaveral[1][5]
Obxectivo da misión Observación de raios gamma de alta enerxía.[1][5]
NSSDC ID 1961-013A
Masa 37,2 kg[4][1]
Dimensións Caixa octogonal de aluminio de 30,5 x 30,5 x 58,5 cm situado sobre un cilindro de 15,2 cm de diámetro e 52,2 cm de longo.[1]
Semieixo maior 7267,8 km[2]
Inclinación 28,8 graos[2]
Apoapse 1317,3 km[2]
Periapse 476,4 km[2]

Explorer 11, tamén coñecido como S15, foi o undécimo satélite artificial do programa Explorer. Foi lanzado o 27 de abril de 1961 mediante un foguete Juno II desde Cabo Cañaveral.

Características[editar | editar a fonte]

O obxectivo de Explorer 11 foi detectar raios gamma de orixe astronómico, en especial os provenientes do plano galáctico, do centro da Galaxia, do Sol e de radiofontes coñecidas, relacionar as medicións de densidades de fluxo de raios cósmicos e a densidade de materia interestelar, e medir o albedo de raios gamma de alta enerxía da atmosfera terrestre.[1]

O satélite estabilizábase mediante xiro e estaba composto por unha caixa octogonal de aluminio de 30,5 x 30,5 x 58,5 cm situado sobre un cilindro de 15,2 cm de diámetro e 52,2 cm de longo. A telemetría enviábase en tempo real debido ó fallo da grabadora de cinta tra-la posta en órbita.[1]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Detector de raios gamma de Explorer 11.
Diagrama do detector de raios gamma.

O detector de raios gamma medía 25 cm de diámetro e 51 cm de longo, cun peso duns 12 kg. Estaba formado por capas de cristal de centelleo formado por ioduro de cesio e ioduro de sodio e un contador Cerenkov de metacrilato rodeado por plástico centelleador de anticoincidencia.[6]

As observacións comezaron o 19 de maio de 1961 e duraron uns 4 meses e en total detectáronse 22 eventos producidos por raios gamma e 22.000 producidos por raios cósmicos.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "S 15" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1961-013A. Consultado o 20 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "EXPLORER 11" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=107. Consultado o 20 de xaneiro de 2012. 
  3. "Letter dated 6 March 1962 from the Acting Secretary-General addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space, transmitting a communication dated 5 March 1962 from the Permanent Representative of the United States of America" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (62-04423): 4. 7 de marzo de 1962. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1110. 
  4. 4,0 4,1 "Explorer: S-15" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/explorer_s15.htm. Consultado o 20 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 "S-15" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/s15.htm. Consultado o 20 de xaneiro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 "Explorer-11" (en inglés). Goddard Space Flight Center. 2011. http://imagine.gsfc.nasa.gov/docs/sats_n_data/missions/explorer11.html. Consultado o 20 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Explorer 11