Excusatio non petita, accusatio manifesta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Excusatio non petita, accusatio manifesta é unha locución latina de orixe medieval,[1] usada como aforismo,[2] sentenza ou frase lapidaria.

Podería traducirse como «desculpa non pedida, culpa manifesta»,[3][4] sinalando que quen se escusa por unha falta sen que ninguén llo pedise está a sinalarse como autor da falta.

Unha expresión similar é usada por Xerome de Estridón na súa cuarta epístola, cando di dum excusare credis, accusas («mentres pensas que escusas, acusas»).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Giangrande, Antonio (2015). GOVERNOPOLI. L'ITALIA DEL MALGOVERNO. SECONDA PARTE: DEMOCRAZIA INESISTENTE E MALGOVERNO COME ESEMPIO DI MORALITA (Kindle) (en italiano). Edición: L'Italia del Trucco, l'Italia che siamo. ASIN B00ZAR3SDY. 
  2. "Excusatio non petita, accusatio manifesta". enciclopedia-juridica.com (en castelán). 2020. Consultado o 30-3-2020. 
  3. "FRASE: “Excusatio non petita, accusatio manifesta"". lavozdelderecho.com (en castelán). 5-1-2018. Consultado o 30-3-2020. 
  4. Cantera Ortiz de Urbina, Jesús (2005). Diccionario Akal del Refranero Latino (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 978-84-460-1296-2.