Ewood Park

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 53°43′43″N 02°29′21″W / 53.72861°N 2.48917°W / 53.72861; -2.48917

Ewood Park
Ewood Park - Walker Steel stand.jpg
Inglaterra Edwood Park
Datos
Localización Blackburn, Inglaterra
Construción
Inauguración Abril de 1882
Estadio
Superficie Céspede natural
Dimensións 105 x 69 m
Capacidade 31.367
Localía Blackburn Rovers F.C.

Ewood Park é un estadio de fútbol en Blackburn (Lancashire), con capacidade para 31.367 persoas. Nel xoga os seus partidos como local o Blackburn Rovers. O estadio, que abriu as súas portas en 1890, é o campo máis antigo dun equipo da Premier League.

O estadio acolleu tres partidos da UEFA Women's Championship 2005; dous partidos do combinado inglés de fútbol en fase de grupos e mais a final.

Récords[editar | editar a fonte]

O récord de asistencia a un partido en Ewood Park é de 62.522 persoas, no partido que enfrontou ao Blackburn co Bolton Wanderers o 2 de marzo de 1929, nun partido da sexta ronda da FA Cup.