Saltar ao contido

Evasión do bou Tiburón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Evasión do bou Tiburón
Exilio republicano español Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Datas
 Data
agosto de 1938 Editar o valor en Wikidata
Implicados
Participantes24 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 País
Wikidata

A evasión do bou Tiburón foi a fuxida dun grupo de republicanos galegos desde Ferrol rumbo a Francia en agosto de 1938.

O 10 de agosto de 1938, o bou Tiburón foi asaltado por un grupo de militantes de esquerda. O fogueiro Manuel Suárez Abelaira introduciu no pañol e na carboeira do bou un grupo de fuxidos que, logo dunhas horas de navegación, ameazaron a tripulación cunha pistola e un suposto saco de bombas. Conduciron o barco ao porto francés de Saint-Nazaire, ao que arribaron o 13 de agosto, trinta e seis horas despois. A fuga foi organizada pola xente da CNT da Coruña.

Fuxiron 24 mariñeiros galegos. Foron inmediatamente repatriados, catorce mariñeiros da dotación e oito dos asaltantes colleron o tren en Nantes rumbo a Barcelona. Só dous tripulantes volveron a Galicia por Irún. Os fuxidos foron xulgados nunha causa aberta en Ferrol por rebelión militar.

Os 24 fuxidos foron Ángel Chas González, Arturo Moreno Torres, Francisco Lago Rodríguez, Ramón Gómez Lage, Luís Louro García, Ramón Louro García, Luís Otero López, Manuel Oviedo Piñeiro, Ramón Villar Blanco, Francisco Ínsua López, Manuel Palmeiro Romero, Saturnino Pita Fontenla, Manuel Suárez Abeleira, Américo Gómez Carro, Manuel Pérez Agrelo, Manuel Varela Sande e Gerardo Torreiro López.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]