Segundo interpretacións como a da profesora da Cátedra Hollis de Divindade da Harvard Divinity SchoolKaren King, o texto revela as tensións existentes entre os protoortodoxos, representados por Pedro, e os gnósticos, simbolizados por María Madalena. Unha confrontación similar existe noutros textos gnósticos, como o Evanxeo de Tomé, a Pistis Sophia ou o Evanxeo Copto dos Exipcios. Ademais, de acordo con este texto, María Madalena tería sido depositaria de revelacións secretas de Xesús, e tivo un papel destacado na comunidade cristiá postpascual. Porén, é posíbel que María Madalena non sexa aquí máis que un símbolo da Sophia do Gnosticismo.