Saltar ao contido

Evanxeo de Tomé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Evanxeo de Tomé
 Título
    ⲡ·Ⲉⲩⲁⲅⲅⲉⲗⲓⲟⲛ ⲡ·ⲕⲁⲧⲁ Ⲑⲱⲙⲁⲥ (cop) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Parte de
 Epónimo
Características
 Xénero artístico
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
I milenio Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
I milenio
1956 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de descuberta
Fontes e ligazóns
VIAF303438479 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0122ml Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4144992
Wikidata C:Commons

O Evanxeo de Tomé é un dos Evanxeos gnósticos, parte dos Evanxeos apócrifos, atopado na Biblioteca Nag Hammadi, Códice II.

Está composto por 114 ditos atribuídos a Xesús,[1] a metade dos cales coinciden cos atopados nos Evanxeos canónicos,[2] e non segue a forma de relato.

A introdución di:

"Estas son as palabras ocultas que o vivente Xesús falou e Dídimo Xudas Tomé escribiu."

Dídimo (grego) e Tomé (arameo) significan ambos "xemelgo". Varios estudosos críticos sospeitan que esta referencia ao Apóstolo Tomé é falsa e que polo tanto o autor é descoñecido.[3]

Como parte da biblioteca Nag Hammadi, o Evanxeo de Tomé atópase no Museo Copto do Cairo, Exipto, nunha biblioteca só aberta para investigadores.

  1. Os estudosos modernos numeraron os ditos e incluso partes dos ditos, pero o texto non ten ningunha numeración.
  2. Lost Scriptures: Books that did not make it into the New Testament by Bart Ehrman, pp. 19-20
  3. April D. DeConick 2006 The Original Gospel of Thomas in Translation ISBN 0-567-04382-7 page 2