Evanxeo de Filipe
Evanxeo de Filipe | |
---|---|
Lingua | Lingua copta |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Evanxeo de Filipe é un dos Evanxeos gnósticos, parte dos Evanxeos apócrifos. Datado entre 180 e 350[1] estivo perdido para os investigadores modernos ata que un exipcio o redescubriu por accidente, enterrado nunha cova preto de Nag Hammadi, en 1945.[2]
O texto non está relacionado cos Evanxeos canónicos. Aínda que o evanxeo poida parecer semellante ao Evanxeo de Tomé, non é un evanxeo propiamente dito, senón unha colección de ensinanzas e reflexións gnósticas, unha "antoloxía gnóstica", segundo o estudoso da relixión Marvin Meyer e Esther A. De Boer, que consideran que é un texto valentianista.[3] Os sacramentos, en concreto o sacramento do matrimonio, son o tema principal. O texto é coñecido por ser unha das primeiras fontes da popular teoría de que Xesús estaba casado con María Madalena. O manuscrito en grego antigo describe a Xesús como o "koinonos" de María, ou "compañeiro", o que podería implicar unha relación sexual íntima ou un amigo ou compañeiro na fe.[4] Aínda que o texto orixinal do papiro está perdido algunhas traducións enchen os ocos suxerindo que "Xesús quería a María Madalena máis que aos outros discípulos e soia bicala na boca a miúdo."[4]
A súa única relación co apóstolo Filipe é que este é o único apóstolo mencionado nos manuscritos (73, 8).[4] Doutra banda, un "Filipe evanxelista" é mencionado nos Feitos dos Apóstolos (21:8):
- [...] entrando na casa do evanxelista Felipe, un dos Sete, paramos onda el.[5]
Como parte da biblioteca Nag Hammadi o Evanxeo de Filipe atópase no Museo Copto do Cairo, Exipto, nunha biblioteca só aberta para investigadores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A relación entre o Antigo Testamento, Novo Testamento e textos gnósticos con o texto son discutidos por Grant, Robert M.. The Mystery of Marriage in the Gospel of Philip (en inglés). [S.l.]: Vigiliae Christianae, Setembro 1961. vol. 15.3:129-140..
- ↑ "Rivals of Jesus," National Geographic Channel (2006).
- ↑ Marvin Meyer, Esther A. De Boer, The Gospels of Mary: The Secret Tradition of Mary Magdalene, the Companion of Jesus, pp. 36-7 (HarperCollins, 2004) ISBN 978-0-06-083451-7
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Jane Schaberg (31 de agosto de 2004). The Resurrection of Mary Magdalene: Legends, Apocrypha, and the Christian Testament. Continuum International Publishing Group. pp. 152–. ISBN 978-0-8264-1645-2. Consultado o 15 de novembro de 2012.
- ↑ A Biblia Galega, Feitos dos Apóstolos, Capítulos 21-25 Consultado o 19 de agosto de 2014.