Eva Amaral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEva Amaral

(2008) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Eva-María Amaral Lallana Editar o valor em Wikidata
4 de agosto de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositora de cancións , guitarrista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalJuan Aguirre: Amaral Editar o valor em Wikidata

Páxina webamaral.es Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1798940 Musicbrainz: 38e3a322-2c47-405e-b575-957a9f5b6b28 Songkick: 2243113 Discogs: 137374 Editar o valor em Wikidata

Eva María Amaral Lallana, nada en Zaragoza o 4 de agosto de 1972, é unha cantante de música pop, integrante do grupo Amaral.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende nova, sempre estivo interesada pola música. Comeza os seus estudos de escultura na Escola de Artes de Zaragoza. Ao mesmo tempo, formaba parte dunha agrupación chamada "Bandera blanca", na que Eva tocaba a batería. Un día, no ano 1993, Eva coincidiu no estudo de gravación, ao cal foi gravar unha maqueta co seu grupo, co guitarrista Juan Aguirre, quen pertencía ao grupo "Días de vino y Rosas". Juan quedou tan impresionado coa asombrosa voz de Eva, que inmediatamente conxeniaron en canto a ideas musicais.

Tempo despois, Eva e Juan decidiron facer a súa propia música. Crear un grupo cun novo estilo de música, que mesturara pop con rock e flamenco. Así foi como xurdiu o dúo Amaral. O nome do grupo foi idea de Juan, quen tomou o apelido de Eva, a pesar de que ela nun principio non o aceptaba. Comezaron tocando en bares e garitos da súa natal Zaragoza e unha vez conquistada a súa terra, xuntaron un grupo de músicos e decidiron probar sorte trasladándose a Madrid en 1997.

Ese mesmo ano, Eva e Juan asinan con Virgin Records para gravar o seu primeiro material discográfico. Así, desde 1998 e até a actualidade, Eva Amaral, xunto a Juan Aguirre, dedicáronse a realizar música. Gravaron 4 discos con grande éxito e un total dun millón e medio de copias vendidas en todo o mundo. Convertéronse nun dos grupos españois de maior éxito dentro e fóra das nosas fronteiras.

En 2002 Lenny Kravitz escolleunos como abreconcertos para varias das súas actuacións. O mesmo ano colaboraron coa causa do Prestige, incluíndo o seu tema Rosa de la Paz nun disco para recadar fondos e interpretándoa nunha multitudinaria manifestación de Nunca Máis en Madrid.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Amaral (1998)
  • Una pequeña parte del mundo (2000):
  • Estrella de mar (2002)
  • Pájaros en la cabeza (2005)
  • Gato Negro-Dragón Rojo (2008)
  • Hacia lo salvaje (2011)