Juan Aguirre
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Juan-Vicente García Aguirre 11 de febreiro de 1969 Donostia |
| Outros nomes | Juan Aguirre |
| Actividade | |
| Ocupación | músico, guitarrista |
| Período de actividade | 1990 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Pop rock |
| Instrumento | Guitarra |
| Compañeiro profesional | Eva Amaral: Amaral |
| Participou en | |
| 18 de decembro de 2014 | Merecemos outro Madrid... e conseguirémolo! |
| Sitio web | amaral.es… |
Juan Vicente García Aguirre, nado en Donostia (Guipúscoa) o 11 de febreiro de 1970, é un guitarrista español, compoñente do conxunto zaragozano Amaral.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Viviu os seus primeiros anos no barrio de Gros de Donostia, e despois marchou a Zaragoza. Foi guitarrista nunha banda de Pop-Rock de matices psicodélicos chamada Días de vino y rosas, que editou só un disco no ano 1990, de nome homónimo ao grupo.
En 1993 coñece a Eva Amaral, con quen forma o grupo Amaral. Durante 5 anos, adícanse a compoñer e tocar en pequenas salas de Zaragoza. Até 1997, trasládase xunto a Eva a Madrid, e ese mesmo ano firman con Virgin-EMI para gravar o seu primeiro material discográfico. Ao ano seguinte, sae ao mercado o primeiro álbum do grupo, titulado Amaral.
Ata a actualidade gravaron cinco discos con grande éxito, converténdose nun dos grupos españois de maior éxito dentro e fóra das nosas fronteiras. Durante a xira de Pájaros en la cabeza, Juan tamén cantaba. Concretamente "Tardes", que foi composta por el e incluída no primeiro disco. No 2008, Eva e Juan versionaron "A Hard Rain's a-Gonna Fall" de Bob Dylan, canción promocional para a exposición internacional que se celebrará en Zaragoza. A súa versión chámase "Llegará la tormenta".
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| * | Amaral | (1998) |
| * | Una pequeña parte del mundo | (2000) |
| * | Estrella de mar | (2002) |
| * | Pájaros en la cabeza | (2005) |
| * | Gato negro◆Dragón rojo | (2008) |
DVDs
[editar | editar a fonte]| * | El comienzo del Big Bang | (2005) |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do grupo Arquivado 12 de novembro de 2014 en Wayback Machine. (en español)
- Amaral-Online.net - Web non oficial con gran material: rarezas, fotos, vídeos, foro etc. (en español)
- UniversoAmaral.com - Web non oficial que contén fotos, vídeos, novas, foro... (en español)
- Web non oficial onde atoparás imaxes, vídeos, novas... (en espñaol)