Euskal Sozialistak Elkartzeko Indarra
Euskal Sozialistak Elkartzeko Indarra | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Nacionalismo vasco |
Data de fundación | 1976 |
Data de disolución | 1981 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Euskal Sozialistak Elkartzeko Indarra (ESEI) foi un partido nacionalista vasco de esquerdas formado en 1977, moi vencellado ó mundo universitario formulaba unha análise marxista á situación do País Vasco, e era partidaria dunha ampla autonomía dentro do Estado Español para a Comunidade Autónoma Vasca e Navarra, e do abandono da loita armada. Nas primeiras eleccións xerais participou na candidatura do Frente Autonómico para o Senado e obtivo un senador, o seu principal dirixente Gregorio Monreal pero non presentou listas para o Congreso dos Deputados. Nas eleccións municipais de 1979 formou coalición con Euskadiko Ezkerra. Nas eleccións autonómicas de 1980 presentou a súa propia lista, que recolleu tan só 6.305 votos como consecuencia o partido acabou autodisolvéndose o 30 de outubro de 1981.