Euskal Ezkerra
Euskal Ezkerra | |
---|---|
Tipo | partido político español ![]() |
Ideoloxía política | socialdemocracia ![]() |
Data | |
Fundación | 1993 ![]() |
Disolución | 1994 ![]() |
Localización | |
País | España ![]() |
[ Wikidata ] |
Euskal Ezkerra (EuE) foi un partido político nacionalista vasco de esquerda, fundado en 1992 como unha escisión de Euskadiko Ezkerra.
Historia
[editar | editar a fonte]Tras decidiren a maior parte dos militantes de EE fusionarse co Partido Socialista de Euskadi, o sector minoritario decidiu fundar un novo partido que contou coa maioría dos cargos electos de EE, entre eles Kepa Aulestia. Pretendía aglutinar a aqueles sectores da esquerda que non comungaban cos postulados de Herri Batasuna pero que defendían o dereito de autodeterminación para o conxunto do País Vasco.
Nas eleccións xerais de 1993 presentouse en coalición con Eusko Alkartasuna pero obtivo un resultados peores que os que obtivera en solitario EA en 1989. O fracaso electoral levou á ruptura da coalición e a disolución de EuE pouco tempo despois.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.euskalezkerra.org (en éuscaro).