Saltar ao contido

Eumedonia eumedon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eumedonia eumedon
 Nome taxon
    Eumedonia eumedon
Eugenius Johann Christoph Esper (pt) Traducir 1780 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    E. eumedon (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Sinónimo taxonómico
Características
 Hóspede
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloArthropoda
ClaseInsecta
OrdeLepidoptera
FamiliaLycaenidae
TriboPolyommatini
XéneroEumedonia
EspecieEumedonia eumedon Editar o valor en Wikidata
(Esper, 1780) Eumedonia eumedon Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/04n6k41 Editar o valor en Wikidata
EOL265517 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Eumedonia eumedon (sin. Aricia eumedon) é unha bolboreta da familia Lycaenidae, subfamilia Polyommatinae e tribo dos Polyommatini (Esper, 1780).

Distribución

[editar | editar a fonte]

Atópase distribuída na zona paleártica.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha pequena bolboreta que ten dimorfismo sexual: a parte superior do macho é de cor gris máis ou menos escura cunha franxa branca; a da femia é de cor marrón con algunhas manchas de cor laranxa submarxinais nas ás posteriores tamén cunha franxa branca. O reverso é de cor beixe cun negrón difuso decorado cunha liña submarxinal de puntos amarelos alaranxados aliñados cunha fila de puntos negros rodeados de branco.

Ten unha envergadura de 26-30 mm. Os adultos voan de maio a agosto, dependendo da localización.

As eirugas aliméntanse de especies de Geranium e Erodium.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Esta bolboreta foi incluída nos xéneros Plebejus, Plebeius, Polyommatus e Aricia, pero os estudos moleculares recentes demostraron que Eumedonia é un xénero válido, diferente aos anteriores xéneros mencionados.[1][2]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]
  • Aricia eumedon (Esper, 1780)
  • Plebeius eumedon (Esper, 1780)
  • Plebejus eumedon (Esper, 1780)
  • Papilio chiron (Rottemburg, 1775)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]