Eufractinos
Eufractinos Euphractinae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chaetophractus vellerosus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||
|
A dos eufractinos (Euphractinae) é unha subfamilia de mamíferos placentarios da orde dos cingulados, unha das tres que constitúen a súa única familia, a dos dasipódidos,[1] que inclúe varias especies de armadillos.
Esta subfamilia agrupa cinco xéneros, con seis especies actuais,[2] coñecidas vulgarmente na linguaxe internacional como pichiciegos.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A subfamilia foi descrita en 1923 polo zoólogo danés Herluf Winge, en Pattedyr-Slægter, 1: 304.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico da subfamilia, Euphractinae, fórmase, como é habitual, sobre a base do xenitivo do nome do seu xénero tipo, neste caso Euphractus, engadínolle a desinencia do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.
En canto ao nome do xénero tipo, Euphractus, está formado polo elemento do latín científico eu-, calco do grego antigo εύ- eú-, do adverbio εὖ eǘ, "ben" e a palabra grega φρακτός pharktós, "armado"; literalmente: "o ben armado",[4] derivada do verbo φράσσω prhássō, "cubrir, protrexer".
Clasificación
[editar | editar a fonte]Subfamilia Euphractinae
- Xénero Calyptophractus, Fitzinger, 1871
- Calyptophractus retusus Burmeister, 1863
- Xénero Chaetophractus, Fitzinger, 1871
- Chaetophractus nationi Thomas, 1894
- Chaetophractus vellerosus Gray, 1865
- Xénero Chlamyphorus, Harlan, 1825
- Chlamyphorus truncatus Harlan, 1825
- Xénero Euphractus, Wagler, 1830
- Euphractus sexcinctus Linnaeus, 1758
- Xénero Zaedyus, Ameghino, 1889
- Zaedyus pichiy Desmarest, 1804
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dasypodidae en MSW
- ↑ 2,0 2,1 Euphractinae en MSW.
- ↑ Euphractinae. Pichiciegos na EOL.
- ↑ Euphractus Arquivado 28 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. en Animalia. Etymology of animal names.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Eufractinos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Euphractinae na ADW.
- Euphractinae na EOL.