Calyptophractus retusus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Calyptophractus retusus
Pichiciego grande
Lámina da especie publicada por Burmeister
Lámina da especie publicada por Burmeister
Estado de conservación
Datos insuficientes[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Placentalia
Orde: Cingulata
Familia: Dasypodidae
Subfamilia: Euphractinae
Xénero: Calyptophractus
Fitzinger, 1871
Especie: C. retusus
Nome binomial
Calyptophractus retusus
Burmeister, 1863
Distribución de Calyptophractus retusus

Distribución de Calyptophractus retusus
Sinonimia
  • Chlamyphorus retusus Burmeister, 1863

Calyptophractus retusus, coñecido vulgarmente na literatura internacional como pichiciego grande, ou pichiciego chaqueño, é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos e subfamilia dos eufractinos,[2] a única incluída no xénero Calyptophractus.[3]

Características, hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Na man dun home.

É un armadillo de pequeno tamaño (aproximadamente duns 17 cm). É de cor parda amarelada, aínda que ten pelo branco nas partes laterais e no ventre. Como todos os armadillos, ten unha coiraza ósea na rexión dorsal.

Aliméntase de insectos. Habita en zonas arenosas, e é un bo escavador. Encóntrase na rexión do Gran Chaco, no sueste de Bolivia, o oeste de Paraguai e o extremo norte da Arxentina. O seu hábitat natural son as matogueiras secas tropicais e subtropicales, e os pastos secos das terras baixas. A especie na actualidade está ameazada pola perda dos seus hábitats.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Cuéllar, E.; Meritt, D. A.; Delsuc, F.; Superina, M. & Abba, A. M. (2014): Calyptophractus retusus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 24 de xaneiro de 2016.
  2. Euphractinae en MSW.
  3. Calyptophractus en MSW.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. New York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  • VV. AA. (1968): "Dasipódios" en Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.