Eudocia Makrembolitissa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Díptico representando a Romano IV e Eudoxia.

Eudocia Makrembolitissa ou Eudoxia Macrembolitissa (en grego: Ευδοκία Μακρεμβολίτισσα), foi unha emperatriz bizantina. Morta en 1096, era sobriña do patriarca Miguel Cerulario

Casa de primeiras en 1050 con Constantino X Ducas († 1067), emperador bizantino. Á morte deste último, exerceu a rexencia no nome dos seus tres fillos Miguel VII, Andrónico e Constantino. Volveu casar con Romano IV Dióxenes.

Eudocia asegurou a canonización de Cerulario pouco tempo despois da súa morte, facendo del o campión da independencia espiritual dos gregos despois do Gran Cisma de Oriente de 1054.

Foi apartada do poder polo seu fillo máis vello Miguel VII en 1071, e mandada ao exilio nun mosteiro do Bósforo. Nicéforo III Botaniates, que derrocou a Miguel VII en 1078, fíxoa volver á capital e colmouna de favores.