Etelhems krukmakeri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 57°19′48″N 18°30′20″L / 57.3299219, 18.5055263

Etelhems krukmakeri.
Cartel na entrada da olaría.

Etelhems krukmakeri (olaría de Etelhem) é unha olaría en Etelhem, Gotland, a máis antiga da illa.

Historia[editar | editar a fonte]

Etelhems krukmakeri foi fundada en 1889 por Axel Nilsson, que fabricaba accesorios e estufas de azulexos. Cando o seu fillo Axel Olof Nilsson se fixo cargo do negocio cesou a produción de estufas. No ano 1960 Egil Solberg mercou o negocio, e ademais de fabricar accesorios de cerámica tamén comezou a producir adornos con deseños máis modernos. En 1967 construíuse un forno de arroz (risugn), que permitía temperaturas de ata 1025 °C. En 1980 o seu fillo Torleif Solberg tomou o seu relevo. No ano 2001 a olaría foi declarada edificio histórico (byggnadsminne) pola Xunta Administrativa do condado de Gotland.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Beslut - Byggnadsminnesförklaring, Länsstyrelsen Gotlands län, 2001-08-31. Dnr 221-3122-00

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]