Estilo directo libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O estilo directo libre é unha modalidade técnica ou narrativa que consiste na reprodución textual das palabras ou do pensamento dun falante inmersos no discurso do narrador ou dunha personaxe; esta técnica, propia da novela, pode afectar tamén ao teatro e á lírica. Non leva o verbo introdutor nin os indicadores tipográficos e lingüísticos propios do estilo directo, con excepción dos verbos en presente e as primeiras e segundas persoas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]