Estevo Dragutin
- Para o político esloveno de nome Dragutin, véxase Dragutin Mate.
Estevo Dragutin Стефан Драгутин Stefan Dragutin | |
---|---|
Rei de Serbia (1276–1282) Rei de Sirmia (1282-1316) | |
![]() | |
Reinado | 1276–1282 |
Nome completo | Uroš Nemanjić |
Falecemento | 12 de marzo de 1316 |
Predecesor | Estevo Uroš I |
Sucesor | Estevo Uroš II Milutin |
Cónxuxe/s | Helena de Anjou |
Descendencia | Estevo Ladislau II de Serbia Isabel de Serbia, banesa de Bosnia Urošic |
Proxenitores | Estevo Uroš I Helena de Anjou |
Na rede | |
![]() ![]() | |
Estevo V Dragutin, Estevo Dragutin ou Stefan Dragutin (en serbio latino Stefan Dragutin, en serbio cirílico Стефан Драгутин), falecido en 1316, foi rei de Serbia desde 1276 até 1282, e de Sirmia de 1282 a 1316.
Vida[editar | editar a fonte]
Dragutin foi o fillo máis vello de Estevo Uroš I e Helena de Anjou.
Casou con Catarina de Hungría, filla do rei Estevo V.
Foi o líder hungarófilo da política serbia, polo que entrou en conflito co seu pai, a quen lle usurpou o trono en 1276 con axuda húngara.
Comenzou o seu reinado cun ataque ao Imperio bizantino, ataque que non prosperou.
En 1282 enfermou despois de romper unha perna cazando, e pasou o trono ao seu irmán máis novo Milutin, reservándose algunhas zonas setentrionais (Sirmia).
Desde o matrimonio do seu fillo cunha parente do rei de Hungría Ladislau V, en 1284, Dragutin recibiu do rei húngaro zonas de Mesia e Belgrado, así como as rexións zonas bosníacas de Soli e Usora, que gobernou até a súa morte, en 1316, establecendo relaciós co ban bosníaco Estevo I Kotromanić.
O seu novo estado chamouse Reino de Sirmia.
A súa primeira capital foi Debrc (situada entre Belgrado e Šabac), cambiando logo a residencia a Belgrado, sendo o primeiro dirixente serbio en facelo.
Naquel momento o nome de Sirmia correspondía aos territorios da Alta Sirmia (actual Sirmia) e a Baixa Sirmia (actual Mesia), sendo a segunda a que se encontraba baixo o dominio de Estevo Dragutin. Aínda que algunhas fontes históricas indican que gobernou tamén na primeira, e en Eslavonia, non hai unanimidade ao respecto.
A finais do século XIII Dragutin agregou Braničevo e Kučevo aos seus territorios.
Entrou en conflito co seu irmán Milutin cando este quixo reforzar os lazos co Imperio bizantino, polo que non traspasaría o trono ao seu fillo Ladislau, como se acordara. A intervención do clero en 1313 axudou a calmar o conflito.
Ao final da súa vida afastose dos seus amigos de Hungría, reforzando os lazos con Serbia.
Despois fíxose monxe e cambiou o seu nome polo de Teoktist. Morreu en 1316, sendo enterrado no mosteiro de Djurdjevi Stupovi, cerca de Novi Pazar.
Tras a súa morte, o seu fillo Vladislav foi o novo monarca do reino de Sirmia.
Descendencia[editar | editar a fonte]
Froito do seu matrimonio, contra 1268, con Catarina de Hungría, filla de Estevo V de Hungría e Isabel a Cumana foron tres fillos:[1][2]
- Ladislau II, rei de Sirmia (1316–1325)
- Isabel de Serbia, que casou en 1284 con Estevo I, Ban de Bosnia, sendo a nai do ban Estevo II.
- Urošic (Урошиц), que morreu sendo monxe.
Legado[editar | editar a fonte]
O seu legado comprende algúns mosteiros, entre os que destaca o de Mala Remeta en Fruška Gora, a Igrexa de Santo Aquiles, cerca de Arilje e o citado Djurdjevi stupovi coa Igrexa de San Xurxo, en Ras (actual Novi Pazar).
Predecesor: Estevo Uroš I |
Rei de Serbia 1276 – 1282 |
Sucesor: Estevo Uroš II Milutin |
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Ćirković, Sima M. (2004): The Serbs. Blackwell Publishing Ltd. ISBN 0-631-20471-7
- Fine, John V. A. (1994): The late medieval Balkans: a critical survey from the late twelfth century to the Ottoman Conquest. University of Michigan Press. Ann Arbor, Mich. ISBN 0-472-08260-4
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Estevo Vladislav
- Estevo Milutin
- Reino de Serbia (medieval)
- Historia de Serbia
- Historia dos eslavos do sur
- Casa de Nemanjić