Estereocéano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estereocéano foi un efémero grupo de música eletrónica, con influencias doutros estilos musicais como o pop, galego que cantou en castelán. Estaba formado por Alberto Regueira (guitarras), Rafa M. Villarino (teclados), Carlos Rodríguez (teclados) e Juan Rivas (voz e guitarra) .[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Estereocéano formouse no 1997 baixo a dirección Juan Rivas, músico vigués que formou parte de varios conxuntos[2]. En 1998 mandaron unha maqueta ao desaparecido programa de Radio 3 "Siglo 21". Dende ese momento o produtor, músico e DJ Big Toxic interesouse por eles e a banda sacou o disco Caleidoscópico, coa discográfica Polygram baixo a súa produción e a de Pablo Iglesias. A primeira apaición do sinxelo En tu nuca no verán de 1998 chamou a atención das emisoras de radio, incluídos os Directos de Radio 3, e foi incluída no recompilatorio de “Siglo 21”.

Neste traballo mestúranse sons da música popular dos anos 60 e 70, chill out ou drum & bass. No álbum atópase un ambiente íntimo, escuro ás veces, en músicas cumo En tu nuca, Nunca me iré de ti, Envejeceremos juntos ou Invierno, e outro máis festivo, alegre e tropical como Lejana flor ou Nunca nos diremos adiós. A segunda canción en ser promocionada nas emisoras foi Lejana flor, da que tamén sacaron un videoclip.[3]

O seu primeiro e único disco titulouse Caleidoscópico, en referencia ao instrumento óptico lúdico, o calidoscopio. Ao pouco da publicación, a compañía multinacional Mercury/Polygram, foi absorvida por Universal, o disco caeu no esquecemento e ao pouco o grupo separouse.

Caleidoscópico, porén, foi considerado pola revista Zona de Obras un dos dez discos imprescindíbeis de bandas galegas e un dos mellores do ano pola revista La Luna (diario El Mundo). Alcanzou o número un na lista de música independente de El País de las tentaciones e realizaron diversas actuacións en directo, incluíndo de abreconcertos de Enrique Bunbury.[4]

Juan Rivas en solitario continuou traballando nunha liña máis pop e publicando discos, o primeiro Devenir del paraíso, en 2002, con EMI. Dirixe o festival 'Vive Nigrán' e ocasionalmente participou no programa 'Boas tardes' da TVG, e foi entrevistado no Zigzag diario.[5]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum[editar | editar a fonte]

  • Caleidoscópico (1998).

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • En tu nuca (1998).
  • Lejana flor (1998).
  • Lejana flor (versión ragga ’99) (1999).

O deseño gráfico para o álbum e os sinxelos foi feito por Javier Aramburu.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ESTEREOCEANO - Lejana flor (Directo 1999)". Consultado o 2022-03-05. 
  2. "Juan Rivas - Música, videos, estadísticas y fotos". Last.fm (en castelán). Consultado o 2022-03-05. 
  3. "ESTEREOCEANO - Lejana flor". Consultado o 2022-03-05. 
  4. Milián, Octavio Gómez (2008-11-05). "Al Oeste: Diccionario de Grupos Aragoneses: Bunbury, Enrique". Al Oeste. Consultado o 2022-03-05. 
  5. "Julián Hernández; Juan Rivas; Joaquín Lera; CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-03-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]