Estanislao García Nebril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEstanislao García Nebril
Biografía
NacementoCedeira Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Cedeira
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3461145

Estanislao García Nebril foi un empresario, banqueiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empresario de Cedeira, dono dunha fábrica de gasosas, unha mercería, un almacén de cereais e legumes, un de sal e outro de cal. Tiña oficina bancaria propia e foi director da sucursal do Banco de La Coruña en Cedeira. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e trala renuncia de Higinio Bustabad Freire, foi nomeado alcalde de Cedeira en novembro de 1936.[1][2] Foi cesado polo gobernador civil xunto cos concelleiros Honorato González e Modesto López en setembro de 1937.[3]

Predecesor:
Higinio Bustabad Freire
 
Alcalde de Cedeira
 
1936 - 1937
Sucesor:
Manuel Freire

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1914 con Amadora Rodríguez Llorente.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 12-11-1935, p. 5.
  2. BOP A Coruña, 18-11-1936, p. 1.
  3. El Ideal Gallego, 16-9-1937, p. 4.
  4. La Voz de Galicia, 29-10-1914, p. 1.