Estadio de Pinilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°19′55″N 1°06′21″O / 40.332011, -1.105906

Estadio de Pinilla
Datos
LocalizaciónRúa San Juan Bosco, 4, 44002
Teruel, España
Construción
Inauguración27 de xullo de 1930
Estadio
SuperficieHerba natural
Dimensións103 × 65 m
Capacidade3.000
PropietarioConcello de Teruel
LocalíaCD Teruel

O Estadio de Pinilla é un estadio de fútbol de propiedade municipal da cidade de Teruel. Situado na rúa San Juan Bosco, xoga nel como local o CD Teruel, da Primeira División RFEF.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi inaugurado o 27 de xullo de 1930, aínda que non comezou a utilizarse ata 1934 co nome de El Ensanche Foi un campo de terra ata a década de 1970 cando pasou a ser de herba natural.[1][2]

En 1944 xogouse por primeira vez no estadio un partido da Copa do Xeneralísimo, enfrontándose a UD Teruel e o Español Arrabal e gañando o equipo local por 2-0. Na tempada 1986/87 o estadio acolleu por primeira vez partidos da Segunda División B.[1]

Na tempada 2022/23 o CD Teruel conseguiu o ascenso á Primeira División RFEF e debido a este motivo o concello de Teruel e o club chegaron a un acordo para reformar o estadio e cumprir así coas esixencias da categoría.[3]

Localización e acceso[editar | editar a fonte]

O estadio está situado entre a rúa San Juan Bosco e a avenida de Aragón e pódese chegar a el en autobús urbano coa Liña B.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Oliván Lázaro, Javier (26 de agosto de 2017). "75 años del CD Teruel". Heraldo de Aragón (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2024. 
  2. "Estadio CD Teruel - La Futbolteca" (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2024. 
  3. "La RFEF visita Pinilla y pronto dará detalles de los cambios necesarios" (en castelán). 27 de maio de 2023. Consultado o 14 de abril de 2024. 
  4. "Línea B - Urbanos de Teruel". urbanosdeteruel.es (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2024.