Estadio de Gran Canaria
Gran Canaria | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 28°06′00″N 15°27′24″O / 28.1, -15.456667 |
Localización | As Palmas, España |
Construción | |
Inauguración | 8 de maio de 2003 |
Arquitecto | Pedro Medina |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 31.250 |
Propietario | Cabido de Gran Canaria |
Operadora | UD Las Palmas |
Localía | UD Las Palmas |
Eventos | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadio de Gran Canaria é un estadio de fútbol da cidade das Palmas de Gran Canaria, nas Canarias, España. É un recinto deportivo que alberga os partidos da Unión Deportiva Las Palmas, equipo que milita actualmente na Segunda División.
Inauguración
[editar | editar a fonte]O Estadio de Gran Canaria foi inaugurado o 8 de maio de 2003 cun partido que enfrontou á Unión Deportiva Las Palmas co RSC Anderlecht, no que se rexistrou o seu primeiro cheo. O resultado do encontro foi un 2-1 favorable ao conxunto canario. O primeiro gol anotado neste escenario conseguiuno o futbolista grancanario Rubén Castro. Sucesor do Estadio Insular, onde ata entón xogaba os seus partidos caseiros a UD Las Palmas, o Estadio de Gran Canaria conta con pistas de atletismo.
Partidos internacionais
[editar | editar a fonte]O seleccionador Luis Aragonés dirixiu o seu primeiro amigable coa selección española neste estadio, fronte á selección de Venezuela, o 18 de agosto de 2004. O partido terminou coa vitoria dos españois por 3-2.
O 18 de maio de 2007, a Real Federación Española de Fútbol acordou designar ao Estadio de Gran Canaria como sede do partido que enfrontou a España e Irlanda do Norte (1-0) o 21 de novembro de 2007, valedoiro para a fase de clasificación da Eurocopa 2008.
Tras varios anos de ausencia, a Selección de fútbol das Canarias reaparece ante Angola no Estadio de Gran Canaria o 28 de decembro de 2007 (2-0).
Coa celebración do derbi rexional entre a UD Las Palmas e o CD Tenerife o 5 de abril de 2008, o Estadio de Gran Canaria rexistrou unha entrada de 29.123 espectadores, o que lle converte no derbi con maior asistencia da historia do fútbol canario.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Récord de asistencia ao derbi canario Arquivado 11 de xuño de 2008 en Wayback Machine..