Estadi Ciutat de València

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estadio Ciutat de València")
Estadi Ciutat de València
Ciutat de valencia.jpg
Datos
Localización Valencia, España Flag of Spain.svg
Construción
Inauguración 1969
Estadio
Superficie Céspede natural
Dimensións 107 x 68 m
Capacidade 25.354
Propietario Levante UD
Localía Levante UD
Eventos
  • 1 partido internacional


O Estadi Ciutat de València é un estadio de fútbol da cidade de Valencia, no que xoga os seus partidos oficiais o Levante Unión Deportiva.

Atópase situado na Rúa San Vicente de Paúl, 44, no barrio de Orriols.

Foi inaugurado en 1969 baixo a presidencia de Antonio Román e cambiou de nome varias veces, antes do actual o seu nome era o de Nou Estadi. O Levante UD xogaba os seus partidos anteriormente no campo de Vallejo.

O campo ten unha capacidade de 25.354 espectadores. As dimensións do terreo de xogo son de 107 x 68 metros.

Zonas do estadio[editar | editar a fonte]

Actualmente no estadio hai 8 zonas diferenciadas para os espectadores desde onde se poden presenciar os partidos. Estas son:

  • Palco VIP l'Alqueria
  • Tribuna
  • Bancada Central Alta
  • Bancada Central Baixa
  • Gol Orriols Alto
  • Gol Orriols Baixo
  • Gol Alboraia Alto
  • Gol Alboraia Baixo

Novo estadio[editar | editar a fonte]

O Levante UD presentou ao ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, un proxecto dun novo estadio de 40.000 espectadores, rodeado de auga, xunto á nova dársena da Copa do América. O Estado, que é a quen pertence o chan, non rexeita de entrada a idea e empraza ao club a desenvolver o plan para logo da Copa do América, "cando se constitúa a nova sociedade estatal" que xestionará o porto de Valencia.

O novo estadio estará rodeado de mar por tres dos seus catro lados, cun aparcadoiro subterráneo para 3.000 coches e xunto á base do Desafío español. O proxecto está dirixido por Alejandro Escribano, o mesmo arquitecto do Nou Mestalla.

Os terreos están ocupados actualmente polo grupo naval Boluda, que está disposto a trasladar os seus estaleiros ao porto de Sagunt.

O club pretende unha permuta dos terreos, propiedade do Estado, para edificar o seu novo campo sen custo algún, contando así mesmo co visto e prace do Concello de Valencia.

O proceso que levaría a cabo sería o seguinte: pola venda do seu antigo estadio en Orriols por un valor de 165 millóns de euros, que depende da recualificación das instalacións actuais. Con esa venda custearíase a construción do novo estadio no novo solar, construído sobre terreo público.

O club prevé, doutra banda, que a explotación comercial do estadio sexa encargada á empresa multinacional Area que xa xestiona outros recintos.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]