Estación de Altsasu-Pueblo
| Estación de Altsasu-Pueblo | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Altsasu | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Operador/a
| |||||||
|
Propietario/a
| |||||||
| |||||||
| Transporte | |||||||
|
Servizo de conexión
| |||||||
|
Código de estación
| |||||||
|
Estación adxacente
| |||||||
|
Liñas ferroviarias
| |||||||
|
Número de plataformas
| |||||||
|
Número de beiras
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
A estación de Altsasu-Pueblo é un apeadoiro ferroviario de Adif situado na localidade de Altsasu, en Navarra. É a segunda estación do municipio, por detrás da estación de Altsasu. Dispón de servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 231,4 da liña férrea Castejón-Altsasu a 520 metros de altitude.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi aberta ao tráfico o 22 de xuño de 1865 coa apertura do tramo Irurzun-Altsasu da liña férrea que pretendía unir Zaragoza con Navarra por parte da Compañía do Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona.[2] Esta última non tardaría en unirse coa compañía do ferrocarril de Zaragoza a Barcelona dando lugar á compañía dos Ferrocarrís de Zaragoza a Pamplona e Barcelona.[3] O 1 de abril de 1878 a súa mala situación económica forzouna a aceptar unha fusión con Norte.[3] En 1941 a compañía foi nacionalizada e integrada na recentemente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 26 de xuño de 2016.
| Liña | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
|---|---|---|---|---|
| 26 | Rexional Exprés | Vitoria | Pamplona Castejón de Ebro |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alsasua-Pueblo (Apd.) Euroferroviarios
- ↑ Memoria de Obras Públicas 1884
- ↑ 3,0 3,1 Zaragoza á Pamplona y Alsasua spanishrailway
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información na páxina web de Adif Arquivado 07 de agosto de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
