Estación da Forza Espacial de Cabo Cañaveral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 28°29′20″N 80°34′40″O / 28.48891, -80.57785

Estación da Forza Espacial de Cabo Cañaveral
Seal of the United States Space Force.png
Cape canaveral.jpg
Cabo Cañaveral desde o espazo
Información xeral
Formación 1949 (como Joint Long Range Proving Ground)
Doc. chave NRHP: 84003872 [1]
Mapa
Launch complexes at Cape Canaveral Air Force Station.png
Mapa dos complexos de lanzamento en cabo Cañaveral

A Estación da Forza Espacial de Cabo Cañaveral (CCSFS, polas súas siglas en inglés Cape Canaveral Space Force Station) é unha instalación da 45.ª Ála Espacial (45 SW, do inglés Space Wing) da Forza Espacial dos Estados Unidos,[2] con sede na próxima Base da Forza Espacial Patrick. Localizada en cabo Cañaveral no estado de Florida, a CCSFS é o principal lugar de lanzamentos de mísiles do rango leste.[3] A base Patrick proporciona os cuarteis xerais e as funcións de apoio para o 45 SW, así como un aeródromo, liderado loxístico no aire e as funcións de apoio completo propias dunha base da forza aérea. Ademais das instalacións na base Patrick, a CCSFS tamén ten o seu propio aeródromo separado, o Cape Canaveral AFS Skid Strip, que proporciona unha pista de 10 000 pés (3 km)[4] próxima ós complexos de lanzamento para o uso de avións militares que leven as enormes e pesadas cargas útiles ata o cabo.

Ademais, a CCSFS está situada xunto ó Centro espacial John F. Kennedy da NASA na illa Merritt, coas dúas instalacións conectadas por pontes e pasos elevados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cape Canaveral Air Force Station". National Historic Landmarks Program. Arquivado dende o orixinal o 13-01-2009. Consultado o 16-02-2021. 
  2. "Patrick Air Force Base — FAQ Topic". Patrick Air Force Base. Arquivado dende o orixinal o 09-05-2012. Consultado o 16-02-2021. 
  3. CAST 1999, pp. 1-126.
  4. "World Aero Data: Cape Cnaveral AFS Skid Strip — XMR". Arquivado dende o orixinal o 09-05-2012. Consultado o 16-02-2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]