Esporte Clube Flamengo Paraibano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flamengo
NomeEsporte Clube Flamengo
Alcume(s)Rubro-negro
Urubu
Fundación2008
Capacidade6.000
Presidente Ranieri Fonseca
Adestrador Ramiro de Souza
LigaCampionato Paraíbano - Série B
Titular
Alternativo

Esporte Clube Flamengo Paraibano é un club de fútbol da cidade de João Pessoa, no estado da Paraíba.

Fundado en 2008[1], non se profesionalizou ata o ano 2011, inscribíndose para disputar o Campionato Paraibano da Segunda División.[2]

O Esporte Clube Flamengo Paraibano xoga os seus partidos coma local no Estadio Leonardo Vinagre da Silveira, máis coñecido como Estádio da Graça.[3] O estadio ten unha capacidade máxima de 6.000 persoas.[4]

O seu uniforme, así como o do seu homónimo brasileiro máis famoso, está formado por camisa con listas horizontais vermellas e negras, pantalón negro e medias negras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Placar Guia 2012 Estaduais (1362-C): 86. January 2012.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2011. Consultado o 27 de marzo de 2012. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2012. Consultado o 27 de marzo de 2012. 
  4. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.