Cangues, O Irixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cangues
Igrexa de Santo Estevo de Cangues
ConcelloO Irixo[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°28′25″N 8°05′21″O / 42.47352438, -8.08912279Coordenadas: 42°28′25″N 8°05′21″O / 42.47352438, -8.08912279
Poboación29 hab. (2017)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

Santo Estevo de Cangues é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 38 habitantes, deles 14 eran homes e 24 eran mulleres, o que supón un incremento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial foi construída sobre o templo orixinal románico, iniciándose as obras en 1725. Ten unha soa nave, cuberta a dúas augas con artesoados de madeira. A capela maior ten tamén artesoado en madeira. A sancristía está cara ao sur do altar. Na tribuna, construída en 1730, hai unha espadana adornada con cruz e pináculos laterais. En 1735 construíuse unha porta lateral. O teito da nave foi reconstruído en 1784.

Do edificio románico consérvase o arco de medio punto de acceso á capela maior, con columnas e capiteis decorados con follas e unha caveira no capitel do lado norte; varios canzorros laterais ó exterior; unha ventá seteira na ábsida, actualmente tapiada, e unha imaxe en pedra de Santo André situada na espadana.

O altar maior é barroco, construído canda o novo templo, con imaxes de Santo Estevo, San Bieito e Santo Antón. Hai no templo unha imaxe da Inmaculada de finais do século XVI ou comezos do XVII, e outra de Santa Bárbara do século XVII. Consérvase un cáliz doado en 1887 por José López Rodrígue.

A carón da igrexa está a casa reitoral, actualmente en ruínas. Preto dela hai tamén un cruceiro.

A comezos do século XIX había no lugar de Couso unha ermida baixo a advocación de Santo Antón, propiedade de María Ventura Taboada.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cangues[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cangues no concello do Irixo (Ourense)

Cangues | O Casar

Parroquias do Irixo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Irixo

Campo (Santa María) | Cangues (Santo Estevo) | A Cidá (Santa Mariña) | Corneda (Santiago) | Dadín (San Pedro) | Espiñeira (San Pedro) | Froufe (San Xoán) | Loureiro (Santa Mariña) | Parada de Labiote (San Xulián) | Reádigos (Santa Baia) | O Regueiro (San Pedro) | San Cosmede de Cusanca (San Cosmede)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]