Saltar ao contido

Esperanza Aguilà Ducet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEsperanza Aguilà Ducet
Biografía
Nacemento6 de novembro de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5429400

Esperanza Aguilà Ducet, nada en Barcelona o 6 de novembro de 1951, é unha enfermeira, axente de igualdade e escritora catalá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Esperanza Aguilà Ducet naceu en Barcelona en 1951. Licenciouse en enfermaría na Universidade de Barcelona e está especializada na promoción da saúde con perspectiva de xénero e en políticas de igualdade.[1]

É presidenta do Centro de Análise e Programas Sanitarios (CAPS).[2] Impartiu numerosos obradoiros e charlas sobre a saúde das mulleres. Tras incursionar a partir de 1996 nos obradoiros de escritura creativa Grafein, pioneiros en Barcelona, impartidos por Silvia Adela Kohan e Ariel Rivadeneiraha, colaborou na revista especializada "Mujeres y Salud"[3] na que publicou varios artigos dende o ano 2002.

Publicou un texto en Agenda de les Dones do ano 2008, e obtivo o primeiro premio no XIX Concurso de Conto Breve na Revista Escribir y Publicar polo seu relato «Plenitud», e unha mención especial no V Certame de Relato curto Paz Pasamar do concello de Jerez de la Frontera, por «Cenefas».[1] En 2014 publicou a súa primeira novela titulada En el patio de atrás.[4]

  • Plenitud, 2000
  • Cenefas, 2005
  • En el patio de atrás (Moment Angular, 2014)[4]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • XIX Concurso de Conto Breve na Revista Escribir y Publicar, 2000.
  • Mención especial no V Certame de Relato curto Paz Pasamar do concello de Jerez de la Frontera, Cádiz 2005.
  1. 1,0 1,1 "Esperanza Aguilà Ducet". www.emboscall.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2016. 
  2. caps. "CAPS - Centre d'Anàlisi i Programes Sanitaris | Què és el CAPS i Junta - CAPS Informació CAPS - CAPS - Centre d'Anàlisi i Programes Sanitaris". www.caps.cat. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2016. 
  3. "CAPS - Centre d'Anàlisi i Programes Sanitaris | CAPS MYS: titol de l'article - CAPS - Centre d'Anàlisi i Programes Sanitaris". www.caps.cat. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 "En el patio de atrás". www.emboscall.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2016.