Saltar ao contido

Esperante, Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esperante
Igrexa de Santalla de Esperante.
ConcelloLugo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°58′06″N 7°35′05″O / 42.9684, -7.5847
Poboación213 hab. (2020)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]
Ventá trilobulada na igrexa de Santalla.
Xenética Fontao.

Santalla de Esperante é unha parroquia do concello de Lugo. Segundo o censo municipal en 2014 tiña 211 habitantes (96 homes e 115 mulleres). Ten seis núcleos de poboación.

Economía

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente foi unha parroquia dedicada á agricultura e á gandería. Esta actividade foi evolucionando cara a produción leiteira, da que na actualidade tan só quedan tres explotacións. Parte da poboación complementa a agricultura de autoconsumo (fundamentalmente de horta) con outro tipo de traballos, por conta propia ou allea.

Na aldea de Fontao está o Centro de Selección e Reprodución de Galicia de Xenética Fontao, que é o principal centro de mellora xenética das razas vaca frisoa e rubia galega en España.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santalla de Esperante, dedicada a Baia de Mérida, ten dúas columnas corintias e dous miliarios romanos.[2] En 2025 descubriuse ademais na ábsida unha ventá trilobulada de estilo prerrománico.[3]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Esperante

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Esperante no concello de Lugo (Lugo)

A Airexe | Carballido | Esperante | Papoi de Abaixo | O Torrón | A Travesa

Parroquias de Lugo

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]