Volotea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Volotea
IATA
V7
OACI
VOE
Indicativo
VOLOTEA
Fundación2011
Inicio das operaciónsmarzo de 2012[1]
Aeroporto principalAeroporto de Asturias, Castrillón España España
Frota28
Destinos79
DirixentesCarlos Muñoz (CEO)
Páxina web: http://www.volotea.com/

Volotea é unha aeroliña de baixo custo española con sede en Asturias[2] e Barcelona[3] A compañía ten bases en España, Italia e Francia. Foi fundada no ano 2011 por Alaeo S.L., unha compañía de Barcelona creada polos fundadores de Vueling Carlos Muñoz e Lázaro Ros. Comezou as súas operacións o día 5 de abril de 2012 dende o aeroporto de Venecia-Marco Polo.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

A compañía está participada por tres firmas de capital risco, dous delas europeas e a terceira dos Estados Unidos –CCMP Capital, cuxo presidente, Greg Brenneman, tamén preside Volotea. No pasado, Brenneman foi presidente e COO de Continental Airlines.[5] Volotea partiu cun capital por riba dos 30 millóns de euros.[6]

Frota[editar | editar a fonte]

Boeing 717 de Volotea engalando do aeroporto de Vigo

En decembro de 2020 a frota de Volotea estaba formada polos seguintes avións:[7]

Frota de Volotea
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Y Total
Airbus A319-100 20 3 156 156
Boeing 717-200 11 125 125 Único operador europeo do Boeing 717. Van ser retirados en xaneiro de 2021.
Total 31

Notas[editar | editar a fonte]

  1. World Airline News (ed.). "Volotea starts charter operations". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2017. Consultado o 13 de outubro de 2017. 
  2. El Comercio (19 de outubro de 2017). "Volotea traslada su sede social a Asturias" (en castelán). Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  3. "Sobre Volotea" (en castelán). Consultado o 30 de marzo de 2018. 
  4. Anna Aero (ed.). "Venice launch for Europe’s newest LCC Volotea; 76 routes planned this summer across 53 airports in 10 countries". Consultado o 13 de outubro de 2017. 
  5. Harvard Business Review on Crisis Management: "Right Away and All at Once: How We Saved Continental"
  6. "Expansión: La 'low cost' Volotea consigue más de 30 millones para despegar". Consultado o 28 de decembro de 2011. 
  7. Planespotters (ed.). "Frota de Volotea". Consultado o 7 de decembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]