Nosa Señora de Nuria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Virxe de Núria»)
Nosa Señora de Nuria
A Virxe de Núria
Advocación da Virxe María
Historia
Orixe da devociónen Queralbs (Xirona)
Veneración
Venerada enIgrexa Católica
Festividade8 de setembro
Santuario principalSantuario da Virxe de Núria

A Virxe de Núria é unha advocación mariana católica que se venera no val de Núria, no concello de Queralbs, provincia de Xirona. Núria procede do éuscaro e significa "aquela nada nun val entre montañas".

Segundo a tradición, San Xil chegou ao val no ano 700 e residiu durante catro anos. Sempre segundo a lenda, San Xil esculpiu unha imaxe da Virxe que escondeu dentro dunha cova ao fuxir do val cando os romanos iniciaron unha persecución contra os cristiáns.

O certo é que a imaxe da Virxe de Núria que hoxe venérase é unha talla datada do século XII ou XIII. Trátase dunha talla de madeira de estilo románico. Con trazos de carácter primitivo, a talla conserva aínda a súa policromía en perfecto estado de conservación. Os pastores consideraban esta virxe a patroa da fertilidade.

A coroación canónica de Virxe de Núria tivo lugar no ano 1965. A súa festividade celébrase o 8 de setembro.