Tubérculo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debuxo dun pé de pataca

En botánica, tubérculo refírese ao caule arredondado que algunhas plantas verdes desenvolven por baixo do chan como órganos de reserva de enerxía (en xeral amidón e inulina). O exemplo mais coñecido é a pataca.[1]

As plantas úsanos para sobrevivir ao inverno ou aos meses máis secos, fornecendo enerxía e nutrientes durante a próxima estación de crecemento. Alén diso serven coma un medio de reprodución asexuada.[2] Posúe pequenas follas escamosas e xemas minúsculas coñecidas como "ollos". Eses "ollos" agroman, dando orixe a novas plantas, que retiran o seu alimento do tubérculo, até que as propias raíces e follas se formen.[3]

A reprodución deste tipo de plantas faise por semente, aínda que tamén se pode facer por plantación do mesmo tubérculo, como se fai case sempre coa pataca.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Raíces tuberosas e bulbos[editar | editar a fonte]

Os tubérculos son diferentes das raíces tuberosas como a pataca doce (Ipomoea batatas), a beterraba (Beta spp.), a cenoria ou a mandioca (Manihot utilissima), que almacenan os seus nutrientes na propia raíz, moito máis desenvolvida que a dos tubérculos. Tamén se diferencian dos bulbos como cebolas e allo, que a pesar de usaren parte do caule, tamén usan follas modificadas, coñecidas como catafilos para almacenar nutrientes.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2012. Consultado o 06 de febreiro de 2013. 
  2. Rooting cuttings of tropical trees, London: Commonwealth Science Council, 1993, pp. 11, ISBN 978-0-85092-394-0
  3. http://www.dicio.com.br/tuberculo/
  4. http://educador.brasilescola.com/estrategias-ensino/tuberculos-bulbos-raizes-tuberosas.htm

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]