Lingua aguano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aguano
Falado en: Perú
Total de falantes: Extinta
Familia:
 Aguano
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: aga
ISO 639-3: aga
Mapa
Status

O aguano é unha lingua extinta que se falou no Perú polo pobo aguano. Loukotka (1968)[1] clasificouno como chamicuro, mais os falantes de chamicuro declararon que o aguano non era a mesma lingua que falaban eles. Porén o pobo aguano xa falaba o quechua naquela época (Wise 1987).

Falantes[editar | editar a fonte]

En 1959 quedaban 40 familias do grupo étnico, que xa non falaban aguano senón quechua, no concello de Santa Cruz de Huallaga, no curso baixo do río Huallaga e no curso alto do río Samiria, tributarios do río Marañón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Loukotka, Čestmír (1968). Classification of South American Indian languages. Os Ánxeles: UCLA Latin American Center. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.