Illa Socorro
Coordenadas: 18°47′04″N 110°58′30″O / 18.784444444444, -110.975
Illa Socorro | |
---|---|
Illa Socorro | |
Localización da illa Socorro | |
Situación | |
País | México |
Xeografía | |
Superficie | 132 km² |
Punto máis alto | 1.130 m. Monte Evermann |
A Illa Socorro é unha illa volcánica no arquipélago de Revillagigedo, que se atopa ao oeste da costa mexicana. O tamaño é 16.5 por 11.5 km, cunha área de 132 km².
Características[editar | editar a fonte]
A illa elévase abruptamente do mar ata os 1130 metros, no Monte Evermann. A erupción máis recente foi en 1993. Outras erupcións recentes foron cara a 1848 e 1896, e mais en 1905 e 1951.
Existe unha estación naval, establecida en 1957, cunha poboación de 250 (Mariños e as súas familias), vivindo nunha vila con igrexa, en Baía Vargas Lozano, ao sur da Illa a uns 800 m este de Cabo Regula, o punto máis ao sur da illa. Hai un manancial de auga doce a 5 km ao noroeste da vila, en Caleta Grayson.
Non existe evidencia de presenza humana en Socorro ata o seu descubrimento polos exploradores españois. Hernando de Grijalva e a súa tripulación descubriron unha illa deshabitada no 21 de decembro de 1533 e chamárona "Illa de Santo Tomé". En 1542, Ruy López de Villalobos, mentres exploraba novas rutas no pacífico, redescubriu a de "Inocentes" e cambioulle o nome pola de "Anublada". En 1608, Martín Yañez de Armida, a cargo doutra expedición, visitou Santo Tomei e a rebautizou como Illa do Socorro.
A principios do século XX, o Dr. Barton Warren Evermann, director da Academia de Ciencias en San Francisco, California, promoveu a exploración científica da illa. As coleccións biolóxicas máis completas foron obtidas durante esta época. O volcán en Socorro foi bautizado na súa honra.