Apófise cigomática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cranio visto de lado.

A apófise cigomática é un saínte óseo do temporal. Sae por riba do conduto auditivo externo e da apófise estiloide e diríxese cara a adiante. Artéllase coa apófise temporal do óso cigomático. Forma a parte máis posterior do arco cigomático.