Galiña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: te:కోడి
Rei-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ku:Mirîşk
Liña 80: Liña 80:
[[ka:ქათამი]]
[[ka:ქათამი]]
[[ko:닭]]
[[ko:닭]]
[[ku:Mirîşk]]
[[la:Gallus]]
[[la:Gallus]]
[[ln:Nsósó]]
[[ln:Nsósó]]

Revisión como estaba o 29 de novembro de 2008 ás 15:30

Galiña
Estado de conservación
Domesticada
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Xénero: Gallus
Nome científico
Gallus domesticus
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


Galiña e galo son os nomes dados, respectivamente, á femia e macho da especie Gallus gallus domesticus de aves galiformes e fasianídeas. Os xuvenís coñécense co nome de polo ou pito. Estas aves posúen bico pequeno, crista carnuda e ás curtas e largas. A galiña ten unha enorme importancia para os seres humanos pois é o animal doméstico máis difundido e abundante do planeta e unha das fontes de proteína máis baratas. Alén da súa carne, as galiñas fornecen ovos. Segundo datos de 2003, hai cerca de 24000 millóns de galiñas no mundo. Nalgúns países da África moderna, o 90% dos lares crían galiñas. As galiñas son aves omnívoras, mais teñen preferencia por sementes e pequenos invertebrados.

As primeiras referencias a galiñas domesticadas xurden en cerámicas corintias datadas do século VII a.C.. A introdución desta ave como animal doméstico xurdiu probabelmente na Asia, de onde é nativa a especie Gallus gallus. A pesar de que os romanos desenvolveron a primeira raza diferenciada de galiñas, os rexistros antigos mostran a presenza de aves salvaxes asiáticas na China desde 1400 a.C. Da Grecia antiga as galiñas espalláronse por Europa e os navegantes polinesios levaron estes animais nas súas viaxes de colonización do Océano Pacífico, incluíndo a Illa da Pascua. A proximidade ancestral co ser humano permitiu o cruzamento destinado á crianza de diversas razas, adaptadas ás diferentes necesidades. Son tamén unha fonte de doenzas virais.

As galiñas na cultura popular galega

Véxase tamén: O ovo na cultura popular galega

Crese que as galiñas vellas cantan como o faría un galo, polo que o feito de que unha galiña cante coma o galo, actitude propia da vellez, agoira a morte dalguén da casa. Para espanta-lo agoiro hai que dicir: Pasa, mala cousa, pasa,/ San Xuan bendiga nuestra casa/ cunha palanca/ por riba da casa. Outras informacións van máis lonxe e aconsellan que cando tal aconteza hai que mata-la galiña de contado e, deste xeito, a desgraza que agoiraba recaerá sobre ela. Rivas Quintas engade que, á vez que se lle retorce o pescozo, hai que dicirlle: Morte por morte, en ti cai a sorte.

Refraneiro

  • Onde hai galo, non manda galiña.
  • Por San Antón, xa a galiña pon. [17 de xaneiro]
  • Trata en sardiña e comerás galiña.

Cantigueiro

  • Miña nai por me casar/ prometeume canto tiña,/ cando me foi da-lo dote/ pagoume cunha galiña.
  • Deuma unha rapaza e calo,/ que non han salir todas boas;/ tamén ao raposo ás veces,/ lle sal a galiña choca.
  • Heime casar neste ano,/ porque teño moito empeño,/ anque teña que vender/ catro galiñas que teño.
  • Ou non han dar leite as cabras,/ ou no ha ter fío o fouciño/ ou hoxe o galo do Coto/ hase comer nos Muíños.
  • Polo amor do voso galo,/ traidora, mala veciña,/ polo amor do voso galo/ perdín a miña galiña.

Véxase tamén

Galería de fotos