Circuíto de Dijon-Prenois: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pl:Dijon-Prenois
Liña 99: Liña 99:
[[lt:Trasa Dijon-Prenois]]
[[lt:Trasa Dijon-Prenois]]
[[nl:Dijon-Prenois]]
[[nl:Dijon-Prenois]]
[[pl:Dijon-Prenois]]
[[ro:Circuitul Dijon-Prenois]]
[[ro:Circuitul Dijon-Prenois]]
[[ru:Дижон (трасса)]]
[[ru:Дижон (трасса)]]

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2008 ás 15:05

Esquema do circuíto; o trazado curto móstrase en gris

O Circuito de Dijon-Prenois é un autódromo situado preto de Dijon, Francia. O Gran Premio de Francia de Fórmula 1 disputouse neste circuíto nas tempadas 1974, 1977, 1979, 1981 e 1984; tamén albergou ao Gran Premio de Suíza de 1982. A Scuderia Ferrari non logrou vencer en ningunha das seis carreiras.

O trazado orixinal de 3.289 metros foi inaugurado o 26 de maio de 1972. Debido a que os baixos tempos de volta no Gran Premio de Francia de 1974 causaban conxestións entre os atrasados e os punteiros, agregouse unha extensión no ano 1975 para alcanzar os 3.801 metros finais.

A vitoria de Jean-Pierre Jabouille no Gran Premio de Francia de 1979 ao volante dun Renault F1 supuxo a primeira vitoria dun motor sobrealimentado e a primeira dese equipo. Ademais, logrouna un piloto francés cun automóbil francés, pneumáticos franceses (Michelin) e combustible francés (Elf Aquitaine). Nesa mesma carreira, o canadense Gilles Villeneuve e o francés René Arnoux disputaron ferozmente a segunda posición durante varias voltas.

Na actualidade, Dijon-Prenois alberga datas de campionatos franceses de gran turismos, motociclismo e Fórmula 3, así como carreiras de automóbiles históricos.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Dijon-Prenois

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1974 Suecia Ronnie Peterson Lotus-Ford 1:21:55,020 h 3,289 km 80 192,722 km/h 7. Xullo Francia Francia
1977 Modelo:Country data the United States Mario Andretti Lotus-Ford 1:39:40,130 h 3,800 km 80 183,006 km/h 3. Xullo
1979 Francia Jean-Pierre Jabouille Renault 1:35:20,420 h 3,800 km 80 191,315 km/h 1. Xullo
1981 Francia Alain Prost Renault 1:35:48,130 h 3,800 km 80 190,392 km/h 5. Xullo
1982 Finlandia Keke Rosberg Williams-Ford 1:32:41,087 h 3,800 km 80 196,796 km/h 29. Agosto Suíza Suiza
1984 Austria Niki Lauda McLaren-TAG-Porsche 1:31:11,951 h 3,887 km 79 202,024 km/h 20. Maio Francia Francia


Enlaces externos